equipoGrande mañá a vivida o pasado domingo no Pavillón do Berbés, cunha bancada repleta de afeccionados que non se quixeron perder un partido onde os Académicos fixeron historia no fútbol sala vigués, ao ser o primeiro Club local que consegue conseguir o campionato nacional.

Primeiro tempo de tenteo por ambas as dúas formacións, cun exceso de nerviosismo e responsabilidade por parte dos locais que eran capaces de traducir en gol as ocasións xeradas. Peor aínda puxeron as cousas cando o Leis, aproveitando unha contra, púxose por diante no electrónico mentres que os locais non daban asentado o seu xogo, chegando a fallar ata dous lanzamentos de 10 metros nos minutos finais da primeira parte.

Tras o paso polos vestiarios, onde o míster local Lucas Fernández aproveitou para tratar de corrixir erros e, sobre todo, tranquilizar aos xogadores, a segunda parte foi un auténtico recital dos Académicos; así, aos 3 minutos, Antón marcaba o gol do empate e Pedro, tras unha xogada persoal que nace nun roubo de balón na área local, marcaba o segundo e poñía a bancada en piei, convencidos xa que a vitoria estaba máis preto.

Esta convicción viuse referendada aos 12 minutos cando novamente Pedro conseguía bater o porteiro rival. A partir de aí, os locais pausaron o encontro, tratando de resgardar o resultado, aínda que sen renunciar a aumentar a vantaxe. A pesar de que a falta de 5 minutos o Leis sacou porteiro-xogador, non conseguiron reducir distancias, quedando o electrónico ao final dos 40 minutos en 3-1 favorable aos vigueses. Festa ao grande na bancada e na pista que se trasladou aos vestiarios, coas conseguintes duchas de rigor incluíndo presidente, técnico e auxiliares.

Para este partido, que quedará marcada na curta pero intensa historia de la Academia RedBlue VIGO2015, a convocatoria de Lucas foi a formada por Samu, Pedro, Fernando, Santi e Antón como cinco inicial. Tamén participaron Alex Lión, Alex Garrido, Huarte, Míguez e Yago, quedando na bancada nesta ocasión o porteiro Moi (sancionado) e os cadetes, Alex Fernández e Álvaro, que tamén contribuíron ao longo da tempada ao éxito obtido. 

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao club vigués polos seus éxitos conseguidos e o traballo realizado a favor do deporte local.