Os alevín do Vigo 2015 campións de España

Imprimir

vigo_2015_campeon_alevin_2013O Vigo 2015 de fútbol sala proclamouse, a pasada fin de semana en Torrevieja, campión de España na categoría alevín. Os vigueses, que acudiron ao torneo grazas á renuncia do Parrulo ferrolano, gañaron na final por 7-2 ao Akrasala, campión da comunidade valenciana. Pola parte viguesa xogaban Dani Cervelo, Miguel Varela, Marcos Estévez, Pedro Covelo, Álex Durán, Pablo Mato, Anxo Martínez, Adrián García, Elías Montero, Daniel Lorenzo, Ignacio Rodríguez e Pablo Vázquez.

Na súa expedición a Torrevieja, os alevín estiveron acompañados polo presidente do club, Francisco Fernández, o adestrador, José Antonio Casas e o delegado, Javier Hernández.