Vigo 2015 - Azkar Lugo, a polo título galego cadete de fútbol sala

Imprimir

Este domingo, ás 18:45 no pavillón do Berbés, o E.D. Vigo 2015 xoga contra o Azkar Lugo polo título en xogo, o equipo lucense marcha líder a solo dous puntos dos vigueses, que necesitan da vitoria para volver a liderar a Liga Autonómica Cadete de fútbol sala.

Para este partido o mister, Lucas Fernández, pode contar coa totalidade do seu equipo, a excepción de Oli, que arrastra molestias no seu xeonllo. Dende o club vigués faise un chamamento, a toda a afección ao futbol sala, para que acuda ao pavillón. Antes, e como antesala, os equipos infantís de ambos os dous equipos xogarán ás 17:30 h. tamén no Berbés.

Pola súa banda, o equipo xuvenil do E.D.Vigo2015 está soamente a 1 punto de proclamarse tamén Campión da Liga Autonómica, despois da vitoria a fin de semana pasada ante o Santiago Futsal por 5-4. Á súa vez, os equipos Alevín A e Cadete B disputan o sábado, na Pista Central das Travesas, a final do Campionato de Vigo de fútbol sala.