Carmen Prelchi, do Balonmán Seis do Nadal, ao Mundial xuvenil

Imprimir

carmen prelchiA xogadora do Club Balonmán Seis do Nadal Coia, Carmen Prelchi, foi convocada polo seleccionador nacional xuvenil para as dúas importantes citas que España afrontará no mes de xullo, o Campionato de Europa OPEN e o Campionato do Mundo. Jenaro Félix, citou a xogadora viguesa o 26 de xuño en Madrid para traballar co resto das súas compañeiras, ata o 3 de xullo na Residencia 'Joaquín Blume' do Consello Superior de Deportes.

Entre o 4 e o 8 de xullo o combinado español participará no Campionato de Europa OPEN en Suecia, unha das citas de balonmán base de maior prestixio a nivel continental. Alí, España comparte o Grupo B con Rusia, República Checa e Islas Feroe.

Finalizada a cita en Suecia, o equipo español regresa a Guadalajara para seguir traballando ata o 15 de xullo, data na que está prevista a súa viaxe a Croacia para disputar dous compromisos de carácter amigable contra Croacia en Ivanic Grad. E, de aí, unha última parada en Eslovaquia, sede do Campionato do Mundo da IHF 2016 na categoría xuvenil, no que España comparte o Grupo B con Hungría, Brasil, Suecia, China e República Democrática do Congo.

Carmen Prelchi xa foi convocada noutras ocasións polo seleccionador nacional xuvenil pero será a primeira vez que participe nun mundial. Esta tempada, co Seis do Nadal Coia, chegou a xogar varios partidos co equipo sénior de División de Honra Prata sendo aínda xuvenil de primeiro ano. E a pasada fin de semana proclamouse co Seis do Nadal Coia xuvenil campioa da Copa Federación.