Fin de semana con repartición de puntos dos equipos Siareiros elite

Imprimir

octavio antequeraO Academia Octavio queda a catro puntos da salvación tras caer en Travesas contra Meridiano Antequera (23-26). Os académicos comezaron fortes, chegaron a rexistrar no marcador 13-8. Tras uns brillantes primeiros 29 minutos, caeron empicado desperdiciando o bo traballo realizado. Os visitantes apenas tardaron en igualar a contenda e os vigueses non puideron reaccionar.

A falta de catro xornadas para o final de Liga, os de Jabato continúan últimos a catro minutos da salvación. Esta fin de semana xogan na cancha do Zumosol Palma del Río.

El Olivo gañou en Coruña no campo do Orzan S.D. por 1-3. As viguesas, xa campioas de grupo, esta fin de semana xogarán o penúltimo partido de Liga e último na casa antes da fase de ascenso. Recibirán ao E.F. Mareo "A", o encontro será o domingo, 1 de maio, ás 12:15 h.

O Magope Seis do Nadal Coia venceu, non sen dificultade, ao ED Poio Artai (39-19). Primeira parte do encontro moi igualada. Tras o descanso, os de Jorge Fernández foron superiores. A falta de dúas xornadas para a conclusión da Liga, os de Coia continúan na quinta posición da táboa de clasificación. Esta semana enfrontaranse ao BM. Artabro Novo Mesoiro o sábado en Coruña.

Las Cinco Jotas UB Lavadores caeu na casa no derbi vigués ante o Granitos Ibéricos Carballal (24-35). Os de Fran González saíron forte e non lle deron tregua aos locais. Esta semana enfróntanse ao BM. Artabro Novo Mesoiro a domicilio.

E o CD Mosteiro Bembrive de fútbol sala venceu ao Atlético Benavente por 2-0 no Pavillón de Bembrive. Os vigueses afiánzanse na cuarta posición da táboa con 49 puntos. Esta fin de semana tócalle descansar. Retomarán a Liga o fin de semana do 7 de maio, xogando na cancha do Esteo F.S., e a seguinte semana finalizarán a Liga en Bembrive, recibindo ao Leis Pontevedra.