seis doO Magope Seis do Nadal Coia desprazarase o domingo á cancha do Balonman.com Pontevedra coa incerteza de saber o rendemento que pode ofrecer. E é que ata seis xogadores poderían causar baixa por distintos motivos. Unha situación que engade un grao máis de dificultade a un partido que Jorge Fernández prevé máis duro do que pode parecer polo antepenúltimo posto que ocupa o seu rival.

"O Balonman.com Pontevedra atravesa o seu mellor momento. Gañou dous dos tres últimos partidos e o que perdeu, foi por tan só dous goles de desvantaxe ante o Promens Cañiza", recorda o técnico vigués.

O equipo pontevedrés necesita os dous puntos para afastarse da zona de perigo; o Magope Seis do Nadal Coia, pola súa banda, tratará de poñer fin á mala sorte de resultados obtidos nas tres últimas xornadas.

O choque que os enfrontou na primeira volta concluíu con vitoria viguesa por 29-23.

O partido, correspondente á vixésima xornada de liga, dispútase este domingo ás 12 do mediodía no Pavillón Municipal de Pontevedra.