Cabecera Vide

Derbi vigués entre dous equipos en forma

magopeMagope Seis do Nadal-COIA e Granitos Ibéricos veranse as caras este sábado (18.30 horas, Pavillón Municipal de Carballal) no partido que pecha a primeira volta de Primeira Estatal. Un derbi vigués ao que chega mellor situado o equipo que adestra Jorge Fernández.

O Magope Seis do Nadal-COIA acode a Cabral situado na sexta posición e coa moral a lume de biqueira tras gañar en casa, a pasada xornada a un dos grandes da categoría como é o Acanor Atlético Novás. Os Granitos Ibéricos, décimo a seis puntos dos de Coia, afronta o choque co obxectivo de encadear a súa terceira vitoria consecutiva (Lavadores en casa e A Cañiza a domicilio foron as súas últimas vítimas).

“O Carballal é un equipo que mellorou moito desde o inicio de tempada . A experiencia do porteiro Jose Ballesteros (ex do Octavio) e de Pablo Sánchez (ex do Cangas) no centro da defensa danlles o plus que necesitaban”, asegura o técnico do Magope que da mesma forma advirte da importancia de saber parar a dúas dos seus mellores homes de ataque “frear a Abel e marcar ben a Ismael serán os obxectivos defensivos”.
A mala noticia é ás baixas xa coñecidas de Nani e Pablo únese, esta semana, a de Artur.