O Acanor At. Novás visita Coia este sábado

Imprimir

O Magope Seis do Nadal-COIA reinicia a liga, despois das vacacións de Nadal, recibindo na casa (sábado 9, 18.30 horas, Pavillón de Coia) ao Acanor Atlético Novás no partido correspondente á decimocuarta xornada de Primeira Estatal. Un encontro bonito de ver para os afeccionados e compricado para os xogadores locais xa que se miden ao terceiro clasificado, “un equipo completo que aspira ao ascenso e que conta cun dos mellores porteiros da categoría”. Así define ao rival Jorge Fernández, adestrador do Magope Seis do Nadal-COIA.

É un partido que os vigueses están obrigados a gañar se non queren seguir descolgándose da parte alta da táboa (a día de hoxe son sétimos). Xa perderon o último encuentro desputado na casa, ante outro rival directo na loita por desputar a fase de ascenso como é Bm. Lalín e non poden deixar escapar mais puntos de Coia. Ademais, unha derrota abriría xa unha considerable fenda de 7 puntos co equipo que adestra Jota.
A mala noticia é que o Magope Seis do Nadal-COIA terá que facer fronte ao Acanor Atlético Novas sen Pablo nin Nani que causan baixa.