Os equipos do Seis do Nadal Coia impóñense á SAR no memorial Víctor Lis

Imprimir

O Seis do Nadal Coia logrou adicarlle a Víctor Lis a vitoria nos dous partidos que se disputaron este sábado no pavillón de Coia con motivo do seu Memorial. O equipo de División de Honra Prata feminina impúxose á SAR por 30-23 tras levar o dominio do xogo e o marcador durante todo o encontro.

O Seis do Nadal Coia de primeira nacional, pola súa banda, derrotou ao equipo redondelano por 25-22 nun partido no que os de Jorge Fernández foron de menos a máis. Durante a primeira parte víronse superados polo seu rival ata que nos minutos finais lograron darlle a volta ao marcador e irse ao descanso gañando de dous goles (13-11); unha renda que conseguiron defender e mesmo ampliar por momentos até os 4 goles, durante a segunda metade.