Cabecera Vide

O Distevi Seis do Nadal Coia, anfitrión do sector infantil masculino

Asefa Salud Seis do Nadal Coia infantil femeninoUnha semana despois de acoller a celebración do sector cadete feminino, o pabellón de Coia será escenario do sector infantil masculino no que se verán as caras Distevi Seis do Nadal Coia, San Sebastián de los Reyes, Balonmano Cáceres e Maristas Ademar de León.

Estes dous últimos abrirán a competición, hoxe venres ás 18.30. O equipo vigués, campión invicto da División de Honra galega, debutará dúas horas despois ante o San Sebastián de los Reyes , equipo que finalizou terceiro na liga madrileña pero que non lles poñerá as cousas nada fáciles aos locais. Así o asegura o adestrador do Seis do Nadal; “a madrileña é unha liga moi forte e San Sebastián dos Reis un equipo experimentado nos sectores así que teremos que xogar moi ben para poder gañar o partido”.

O Distevi Seis do Nadal Coia xogará o segundo partido da fase o sábado ás 18.30 horas ante o Balonmano Cáceres e concluirá o sector medíndose ao Maristas Ademar León, o domingo ás 12.30.

O equipo de Mingos chega á fase co plantel ao completo e con moitas gañas de empezar a xogar, “porque a espera desde que acabamos a liga fíxosenos longa”- recoñece o técnico vigués. Sobre as posibilidades do Distevi Seis do Nadal Coia de clasificarse para a final nacional, Mingos é optimista; “aproveitamos este tempo para xogar partidos amigables e mantemos o mesmo nivel que nos levou a concluír invictos a liga así que afrontamos esta cita coa máxima ilusión”, asegura. O adestrador do “Seis”, tamén espera que os xogadores saiban sacudirse a presión de ser o equipo anfitrión e aproveitar a vantaxe que supón ter o factor cancha a favor.

O Asefa Salud Seis do Nadal Coia infantil feminino, pola súa banda, xogará o Sector en terras asturianas. As “nenas de ouro” que adestra Jandro aspiran a meterse na final e sumar un novo éxito nunha tempada brillante, na que foron campioas da división de honra galega e, varias delas, medalla de ouro con Galicia nos Campionatos de España de Seleccións Territoriales. “As nenas fixeron un gran traballo durante este curso deportivo e vense con opcións de acabar primeiras de grupo, pero da mesma forma, todas somos conscientes de que teremos que xogar a un gran nivel para conseguilo”, asegura Jandro Ocampo.

O Asefa Salud Seis do Nadal Coia debutará no sector este venres ás 17.30 horas ante o Balonmano Pereda, un partido que se presenta clave para ter opcións de seguir loitando por conseguir o billete para a final. Así o ve o técnico do equipo vigués. “Dos catro equipos que compoñemos o grupo, o cántabro parece a priori o menos forte de aí a importancia de gañar ese encontro”.

O sábado (17.30 horas), na segunda xornada do sector, o equipo infantil do Seis do Nadal enfrontarase ao Balonmano Gijón- Calderon mentres que o domingo verase as caras co Malkaitz Eskubaloia ás 10.30 horas.