Campeonas gallegasO Seis do Nadal Coia infantil feminino proclamouse campión galego da División de Honor unha semana antes de concluír o campionato. As viguesas adxudicáronse o título autonómico tras vencer este pasado fin de semana na cancha do Moaña por 17-31.

Varias das xogadoras deste equipo formaron parte do combinado galego que, ás ordes do mesmo adestrador vigués (Jandro Ocampo), proclamouse Campión de España por Autonomías así que este título ligueiro confirma que estamos ante a mellor xeración de xogadoras infantís de España.

E ademais, o Seis do Nadal Coia presume de ter aos mellores equipos galegos da categoría xa que, fai unhas semanas, o Distevi infantil masculino tamén conseguiu o campionato de División de Honra A un paso de alcanzar ese mesmo obxectivo está o Globalmar Sealand Seis do Nadal Coia cadete feminino. Ás viguesas chégalles con sumar un punto no último partido de liga para proclamarse campioas galegas.

O Paleo Training Seis do Nadal Coia cadete masculino, pola súa banda, quedouse ás portas do título. Concluíu en segunda posición, a un punto do líder, o Academia Octavio Pizzamóvil A.