O Magope Seis do Nadal Coia superou un novo obstáculo no camiño que leva a xogar a fase de ascenso a División de Honra Prata. O seu verdugo, nesta xornada, foi o Vitaldent Balonmano Pontevedra ao que derrotou por 23-27.

O equipo vigués marcou o ritmo do partido desde o comezo. Controlou o xogo e o marcador desde o primeiro ao último minuto aínda que durante a primeira parte as diferenzas foron mínimas (11-12 ao descanso). O partido rompeuse aos cinco minutos da reanudación cun parcial de 0-5 do Magope Seis do Nadal Coia. Pasouse do 13-14 ao 13-19. A partir de aí, os vigueses souberon xestionar a súa vantaxe sen demasiados problemas e levarse a vitoria con relativa comodidade.

Guillermo Rial, con 6 tantos, foi o máximo goleador do equipo vigués neste encontro.
A vitoria en Pontevedra permite aos de Jorge Fernández manterse unha semana máis na segunda posición da táboa, a 6 puntos do líder (o Cisne) e cos mesmos que o terceiro, o Acanor Atlético Novás que se mantén firme nesa loita. A SAR, sucumbiu en Lalín e aínda que se mantén na cuarta posición quédase a 3 puntos dos vigueses.
Na próxima xornada o Magope Seis do Nadal Coia recibirá en casa ao penúltimo clasificado, o Balonmano Artabro Novo Mesoiro.