O Magope Seis do Nadal Coia tivo que empregarse a fondo para manterse unha semana máis na segunda posición da táboa. Como se prevía, o Calvo Xiria presentouse en Coia coa intención de non descolgarse da loita por xogar a fase de ascenso e púxolle as cousas moi difíciles a un equipo, o vigués, que non puido celebrar a vitoria ata o último minuto.

“A esixencia dunha liga de 30 xornadas estanos pasando factura. Os xogadores de todos os equipos notan un gran desgastar e isto móstrase nos partidos”, confesaba ao final do mesmo o técnico Jorge
Fernández.

As alternativas no xogo e o marcador foron constantes desde o comezo do encontro e ningún dos dous equipos foi capaz de adquirir unha vantaxe o suficientemente ampla como para romper o partido ao seu favor. O Calvo Xiria foise gañando ao descanso (13-15) pero trala reanudación, o Magope Seis do Nadal Coia logrou remontar a desventaja e contrarrestar, coas súas mellores armas, as novas embestidas do seu rival (Min 21, 22-24). “A efectividad de Alex desde os 7 metros foi a clave para alcanzar a vitoria”, asegurou o técnico do equipo vigués. “A portería e a defensa
apareceron tamén no momento máis importante. Con dobre exclusión e un gol abaixo puxémonos cun gol de vantaxe”. Foi un duro golpe para o equipo coruñés que acabou asumindo a súa derrota co 27-25 que encaixou no minuto 29.

A clasificación tras esta xornada apenas sufriu cambios na parte alta xa que tamén gañaron os principais perseguidores do Magope Seis do Nadal Coia, a excepción do Chapela que caeu ante o líder. Grazas a ese triunfo o Cisne suma xa 44 puntos. Magope Seis do Nadal Coia e Acanor ocupan o segundo e terceiro posto respectivamente, con 38 puntos, cuarto é a SAR con 37 e quinto o Chapela con 35.

A próxima xornada de liga levará ao Magope Seis do Nadal Coia á cancha do Vitaldent BM Pontevedra, que é décimo con 20 puntos.