Vitoria traballada e sufrida do Magope

Imprimir

O Magope Seis do Nadal Coia venceu ao OAR por 26-29 e conseguíu manterse unha semana máis na segunda posición da táboa de Primerira Estatal. Foi un triunfo moi sufrido e traballado por parte del equipo que adestra Jorge Fernández. E é que,como xa se agardaba, o OAR loitou dende o primeiro minuto para que os dos puntos quedasen na casa obrigando ao Magope a despregar o seu mellor xogo.

A igualade presidíu o encontro nos vinte primeiros minutos. Ao descanso, o OAR adquiríu unha renda de 2 goles (15-13 ) pero na reanudación o Magope Seis do Nadal Coia remontou a desvantaxe e púxose por diante no marcador. Seguía sendo un partido de ida e volta, demóstrao o feito de que se produciron empates a 22, 23, 25 e 26 tantos, pero os vigueses cometeron menos erros no treito final e acabaron adxudicándose o triunfo.

A vitoria dalle aínda máis valor a acadada a pasada fin de semana ante o Contrucciones Castro Chapela e permite aos vigueses encarar coa moral a tope a vindeira xornada de liga na que recibirán ao Calvo Xiria.