Carmen Prelchi en lanzamientoA xogadora do Globalmar Sealand Seis do Nadal Coia, Carmen Prelchi, volveu a recibir a chamada do seleccionador do equipo xuvenil Jenaro Félix. Nesta ocasión, foi convocada para participar na fase clasificatoria do Campionato de Europa. O combinado nacional concentrarase do 15 ao 19 de marzo en Guadalaxara e posteriormente viaxará a Montenegro para disputar esa fase de clasificación.

Nesa cita, a selección española verase as caras con Montenegro o venres 20, ante Moldavia o sábado 21 e fronte a Eslovenia o domingo 22 de marzo.

Carmen Prelchi perderase, por tanto, dous do tres últimos partidos de liga que disputará o seu equipo. O Globalmar Seis do Nadal Coia xógase neste tramo final de campionato o título autonómico da División de honra cadete feminina. A falta de catro xornadas para o final da tempada o equipo vigués ocupa o primeiro posto pero tan só suma un punto máis que o segundo así que todo apunta a que o título se decidirá na última xornada.