O Magope Seis do Nadal Coia prolongou en O Rosal a súa xeria negativa de resultados. Os de Jorge Fernández aumentaron a 3 o número de xornadas consecutivas sen coñecer a vitoria tras caer ante o Acanor Atlético Novás por 30-27.

A derrota provocou ademais que os vigueses cederan o segundo posto ao Construcciones Castro Balonmano Chapela, o seu próximo rival, que se sitúa cun punto de vantaxe. Pese o resultado final o Magope Seis do Nadal Coia disputou un bo encontro ante o Atlético Novás e incluso foi quen de manter ao golaverage particular o seu favor xa que na primeira volta os vigueses gañaran de 6 tantos.

O equipo de O Rosal fixo valer a súa condición de local e levou a iniciativa do xogo e o marcador durante todo o partido pero tamén é certo que tivo que empregarse a fondo para poder festexar o triunfo. E é que os vigueses amosaron neste encontro a intensidade que os caracteriza e pelexaron por acadar algo positivo ata que lles foi imposible. Só hai que botar un ollo ós parciais para comprobalo. Dende os 10 aos 25 minutos, as vantaxas do Acanor Atlético Novás foron de 2 e 3 goles, pero os vigueses conseguiron que o partido se fora ao descanso con tan só un tanto de diferenza (16,15 min 30). Na segunda parte deuse unha situación semellante. Cando parecía que o Atlético Novás ía sentenciar o partido, aparecía o mellor Seis do Nadal e situábase a un tanto. (21-20 min 40; 27-26 min 55). Sen embargo, o gran acerto anotador dos lanzadores do equipo rosaleiro impedíu aos vigueses culminar a remontada nos últimos minutos.