O porteiro do BM. Lalín gaña o partido

Imprimir

Con este titular resumiu o adestrador do MAGOPE Seis do Nadal Coia, Jorge Fermández, o encontro que enfrentrou ao seu equipo co Embutidos Lalinense Balonmano Lalín este pasado sábado. E é que o acerto baixo paus do porteiro visitante decantou a vitoria a favor do seu equipo por 22 goles a 24 nun partido xogado con moita intensidade en ambas as defensas.

O Balonmano Lalín situouse antes e mellor sobre a cancha que o MAGOPE Seis do Nadal Coia e fíxose co control do xogo desde o comezo do partido. Un dominio que, sen chegar a ser esmagador, permitiulle controlar o marcador con vantaxes que oscilaron entre os 2 e tres goles na primeira parte (9-11 ao descanso) e que chegaron aos 5 na segunda (11-16, minuto 50).

Os vigueses non baixaron con todo os brazos en ningún momento, creron na remontada e foron a por ela. Chegaron a porse a 1 gol a falta de sete minutos para concluír o partido, pero o bo facer do porteiro lalinense impediu que o MAGOPE culminase a súa remontada.
A derrota do equipo vigués (terceira da tempada) e a vitoria dos seus máis inmediatos perseguidores (Balonmán Chapela, Atlético Novás e S.A.R.) aperta a parte alta da clasificación de Primeira Estatal.
O MAGOPE Seis do Nadal Coia mantense na segunda posición pero con tan só un punto de vantaxe sobre o equipo de Fran Teixeira, que é terceiro, e con dous sobre a S.A.R. ao que se enfrontará na próxima xornada.

A loita por xogar a fase de ascenso a División de Honra Prata ponse, por tanto, en grao sumo interesante.