O Magope Seis do Nadal Coia derrotou a domicilio ao ED Poio Artai por 18-27 nun partido sen demasiadas complicacións. Os de Jorge Fernández dominaron o xogo e o marcador desde o primeiro minuto aínda que algunhas imprecisións e rexeites mal controlados mantiveron con vida ao Poio (7-9, min.25) na primeira parte.

A partir de entón, unha perda dos locais cando xogaban en superioridade, que propiciou un contraataque de Adrián e un roubo de Artur, que tamén culminou en gol, iniciou unha remontada antes do descanso que levou ao MAGOPE Seis do Nadal Coia a adquirir,
mediada a segunda parte, unha vantaxe de 9 goles.

Coa vitoria xa encarrilada a favor dos vigueses, o ritmo do partido baixou notablemente. Así que nos últimos minutos houbo intercambio de goles e repartición de minutos entre os xogadores.

Na próxima xornada de liga, o Magope Seis do Nadal Coia recibirá no pavillón de Coia aos Embutidos Lalinense Bm. Lalín.