Cabecera Vide

O Magope cae ante o Cisne nun partido moi igualado

O Magope Seis do Nadal-Coia caeu derrotado ante o Cisne por 29-27 na sua cancha. Partido disputado con moita igualdade aínda que a iniciativa a levou case todo o encontro o equipo local. Os vigueses non se renderon pero, a falta de dous minutos, a expulsión de Pablo deixouno ko. A próxima xornada reciben na súa pista ao Vitaldent BM. Pontevedra. Será o sábado 1 de febreiro, ás 18.30 h.