Partido moi igualado o que enfrontou o sábado, en Coia, ao Magope Seis do Nadal-Coia e o Mecalia Novás con resultado final de 28-29. Nos minutos finais do partido os visitantes lograron superar aos locais logrando a vitoria pola mínima.

A próxima xornada, a 9ª de la Primeira Estatal masculina, o Magope viaxará a Lalín para enfrontarse ao Embutidos Lalinense - Balonmán Lalín.