O Magope Seis do Nadal-Coia segue en sorte. Tras sete xornadas na Primeira Estatal non coñece a derrota. Comezaron o encontro ante o Plastic Omnium de Redondela por detrás no marcador pero pouco a pouco fóronse facendo coas rendas do encontro, finalizando con vitoria viguesa por 25-27.

A próxima xornada, a oitava, recibirán ao Mecalia At. Novas, no pavillón de Coia. Será o sábado 9, ás 18.30 h.