Repartíronse os puntos no pavillón de Coia. O Magope Seis do Nadal-Coia e o BM. Cangas remataron o encontro 24-24. A iniciativa a levou o Luceros, no comezo do partido, pero os vigueses reaccionaron a tempo e conseguiron chegar ao descanso cunha diferenza de tres tantos. Na segunda metade o Magope estivo a punto de perder o encontro tras unha renda de 4 goles que non soubo aproveitar.

A vindeira xornada os de Coia xogan ante o S.A.R. Plastic Omnium a domicilio na sétima xornada da Primeira Estatal.