O Magope gaña ao OAR en Coruña

Imprimir

Bo partido do Magope Seis do Nadal-Coia na pista do O.A.R. Coruña co resultado de 26-32 a favor dos vigueses, sólidos en defensa e rápidos no ataque. Primeira metade igualada, pero na segunda parte os de Coia afianzaron o marcador levándose os puntos. Na vindeira xornada, a sexta na Primeira Estatal masculina de balonmán, o Magope recibe ao Balonmán Cangas no pavillón de Coia.