O Magope cae ante o Teucro na Copa Galicia

Imprimir

Derrota do Magope Seis do Nadal-Coia ante o Teucro (24-29), nos cuartos de final da Copa de Galicia, en partido celebrado o pasado venres no pavillón de Coia. Os vigueses comezaron o partido con moita forza plantando cara aos pontevedreses, especialmente nos primeiros 25 minutos, pero a presión do Teucro valeulles para manterse por enriba no marcador ata conseguir a vitoria. Destacou por parte de o Seis do Nadal Guiller, con seis tantos.