Cabecera Vide

A presentación oficial 2010/2011 do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia o próximo domingo día 12 de decembro do 2010 no novo Pavillón Municipal de Navia

seisnadaldic2010O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza, como en cada ano nesta primeira parte da campaña, a Presentación Oficial da tempada 2010/2011.

Nesta presentación oficial o club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a preto de 600 deportistas, aos que se lle suman os máis de 30 monitores e adestradores que conforman o corpo técnico da entidade.

A celebración da Presentación Oficial 2010/2011 terá lugar o próximo domingo día 12 de decembro do 2010 a partir das 18:00 horas no Pavillón Municipal de Navia.

No acto se presentarán aos 22 equipos federados, ao grupo de Baloncesto para Adultos, ás 10 escolas deportivas e ao corpo técnico do club que compoñen a estrutura actual da entidade, realizaranse as fotos de equipo oficiais da presente tempada e a foto de grupo que de seguro reflexará o continuo crecemento da nosa entidade ano tras ano.

Ademais presentarase oficialmente a tempada 2010/2011 a tódolos medios de comunicación e a toda a familia do deporte da canastra e da cidade de Vigo.

Desde tódolas seccións do Club Baloncesto Seis do Nadal invitamos a tódolos interesados a asistir a este acto e poder descubrir o elevado número de deportistas que forman parte da entidade, entidade que ano tras ano segue mellorando a súa estructura e crecendo apostando polo deporte base da nosa cidade, sendo unha das mellores canteiras actuais de Galicia.