Colaboradores
- Detalles
O traballo ben feito segue dando froitos ao Club de Balonmán Seis do Nadal-Coia. Dous xogadores en idade cadete masculina e feminina foron chamados para asistir a tradicional concentración de verán, encadrada dentro da Programación Nacional de Tecnificación Deportiva, financiada polo Consello Superior de Deportes e desenrolada pola Real Federación Española de Balonmán.
- Detalles
A xogadora do Club Balonmán Seis do Nadal Coia, Carmen Prelchi, foi convocada polo seleccionador nacional xuvenil para as dúas importantes citas que España afrontará no mes de xullo, o Campionato de Europa OPEN e o Campionato do Mundo. Jenaro Félix, citou a xogadora viguesa o 26 de xuño en Madrid para traballar co resto das súas compañeiras, ata o 3 de xullo na Residencia 'Joaquín Blume' do Consello Superior de Deportes.
- Detalles
Outra xornada de peche de escolas deportivas do programa municipal. O Club Balonmán Seis do Nadal-Coia e o Club Vigo Voleibol pecharon as súas escolas coa asistencia do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, no pavillón do centro educativo e no polideportivo municipal de Coia.
- Detalles
O Magope Seis do Nadal Coia pechou a tempada adxudicándose a vitoria no derbi vigués ante o Granitos Ibéricos Carballal; un triunfo por 30-22 que lle permitiu concluír a liga na sexta praza. A pesar da diferenza no marcador final, os de Coia non puideron sacudirse a presión do seu rival até mediado o segundo tempo.
- Detalles
Vitorias do Olivo e Cinco Jotas, derrotas de Octavio, Magope e Halcones. O Academia Octavio, que camiña cara ao descenso, caeu derrotado na cancha do Zumosol Palma del Río (34-24). Os vigueses xogarán este domingo en As Travesas contra o Barcelona B (12 h) xa descendidos, se o Viveros Herol BM. Nava imponse ao Ciste BM. de Pontevedra o sábado.