375eva-murioDo 23 ao 25 de abril de 2010 o Polideportivo Municipal de Alcorisa (Teruel) foi sede o Campionato de España sub-13 de Bádminton. Cinco xogadores do CB Rachaplumas de Vigo tomaron parte nesta proba, os xogadores vigueses participantes foron: Ainoa Rial, Laura Valverde, Carla Mouriño, Eva Murio e Alejandro Rivadulla.

Bo papel dos xogadores vigueses nesta competición onde destaco Eva Murio que logrou o terceiro posto en dobres feminino coa xogadora María Alonso del Cb As Neves e a primeira medalla para en club vigués nun Campionato de España. A parella derroto nas previas a María Carmona/Mª Loly Mercado de Andalucía, en ¼ de final Mª Isabel Aparicio/Nerea Sánchez de Cataluña e perderon en ½ finais con Miren Azcue/Ana Montoya (País Vasco/Navarra).
Na modalidade de dobres a outra parella do club Carla Mouriño/Laura Valverde perderon en ¼ de final ante a parella andaluza Elisa Borras/Sophie Endtz por 21-11 e 21-12 a próstrea as campioas do torneo.

Na modalidade de individual feminino as xogadoras viguesas Carla Mouriño e Eva Murio lograron superar a fase previa e entrar no cadro principal perdendo en 1/8 de final. Carla perdeu ante a subcampiona, a andaluza Sophie Endtz, por 21-3 e 21-10 mentres Eva perdeu ante Sara Peñalver de Castilla a Mancha por 21-12 e 21-11.

O próximo fin de semana estes cinco xogadores xunto a Brais Vila tomasen parte no Circuíto Nacional sub-15 de Oviedo co obxectivo de lograr praza para o Campionato de España sub-15 de Tordesillas do mes de maio.