rachaplumas22.2.10O 20 e 21 de febreiro celebrouse no Polideportivo Municipal Fernando Martín de Fuenlabrada a 10ª proba do Circuíto Nacional de Bádminton sub-15 e sub-17 con participación do club vigués CB Rachaplumas que desprazou un total de 7 xogadores na categoría sub-15.

A expedición viguesa estivo composta por: Brais Vila, Alejandro Rivadulla, Carlos Magan, Eva Murio, Carla Mouriño, Laura Valverde e Ainoa Rial.

Este foi o resultado dos xogadores vigueses:

Individual Feminino: Carla Mouriño, Ainoa Rial e Eva Murio perderon en previas.
Dobres Masculino: Carlos Magán e Alejandro Rivadulla perderon en 1/16 final
Dobres Feminino: Carla Mouriño/Laura Valverde e Eva Murio/Maria Alonso perderon en 1/8 de final.
Dobres Mixtos: Laura Valverde/Brais Vila perderon en 1/16 final e Ainoa Rial/Alejandro Rivadulla en 1/8 de final.