rachaplumas provincialO pasado sábado tivo lugar en Ponteareas o Campionato Provincial Escolar de bádminton por equipos, con preto de 50 xogadores procedentes de Vigo, que realizaron un bo campionato conseguindo un total de 5 medallas, 2 ouros en alevín masculino, a cargo do Colexio Rosalía de Castro, e en cadete feminino a cargo do CB Rachaplumas, dous pratas, a cargo dos equipos do CB Rachaplumas benxamín mixto e alevín feminino, e un bronce para o alevin masculino do CB Rachaplumas.

Os equipos clasificados para esta fase foron:

Benxamín mixtos: Club Bádminton Rachaplumas.
Alevín masculino: Colexio Rosalía de Castro e Club Bádminton Rachaplumas.
Alevín feminino: Club Bádminton Rachaplumas.
Infantil masculino: Club Bádminton Rachaplumas.
Cadete masculino: Club Bádminton Rachaplumas
Cadete Feminino: Club Bádminton Rachaplumas.

Resultados dos equipos de Vigo:

Benxamín mixto:
O CB Rachaplumas gañou a la Agrupación Agrudeban por 3-2 e perdeu a final contra o CB Ponteareas por 2-3.
Alevín masculino:
Título para o Colexio Rosalía de Castro que gañou na fase de grupos a Agrudeban por 3-2 a Colexio Cedeira por 5-0 e na final a CB Ponteareas 3-2.
Pola súa parte o CB Rachaplumas logrou o bronce ao gañar a San Salvador de Teis por 5-0 e perder co CB Ponteareas por 2-3. Gañou na loita pola terceira praza a Adrudeban por 3-2.
Alevín feminino:
Prata para o CB Rachaplumas que gañou a Agrudebam 5-0, ao Colexio Porto Cabaleiro por 5-0 e perdeu na final ante o CB Ponteareas por 3-2.
Cadete feminino:
Título para o CB Rachaplumas que gañou a CB Ponteareas B por 3-2, a IES de Cotobade por 4-1 e ao CB Ponteareas A por 3-2.
En Infantil masculino o Cb Rachaplumas obtivo dúas derrotas ante CB Ponteareas por 3-2 e IES de Cotobade por 3-2.
O mesmo lle aconteceu ao equipo cadete masculino que perdeu ante o CB Ponteareas 3-2 e o IES de Teis por 4-1.