rachaplumas abril 17.04.16Bo papel dos xogadores vigueses do CB Rachaplumas que lograron un total de 3 medallas, dous ouros e un bronce, no TTR sub-13 e sub-17 A Coruña de bádminton, que tivo lugar o pasado domingo. Sen dúbida o xogador vigués máis destacado foi Javier Alava na categoría sub-13 ao alzarse cos dous títulos en xogo.

Primeiro proclamouse campión en individual masculino e logo en dobres masculino co xogador do CB Los Sauces, Boris Bunimov. O outro metal conseguiuse no dobres masculino sub-17 coa parella Alberto Méndez e David Torres, que lograban finalmente o bronce ao perder en semifinais.

Parabén do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, por este novo triunfo do club vigués.