omar rachaplumasO pasado domingo, o xogador do CB Rachaplumas, club adherido ao programa Siareiros de VIDE, Omar Vila,  tomou parte no TTR de Extremadura celebrado na localidade de Garrovillas de Alconétar, na provincia de Cáceres. Bo papel o do xogador vigués que logrou o título en individual e a segunda praza en dobres, formando parella co xogador asturiano Sergio Álvarez, do CB Oviedo, na categoría sub-17 cando Omar aínda é sub-15 de primeiro ano.

Manel Fernández, como máximo responsable do Deporte vigués, mostrouse satisfeito con este novo triunfo do novo deportista, que confirma a súa traxectoria ascendente.