Seis medallas para o Rachaplumas no Galego sub-13 e sub-17 de bádminton

Imprimir

rachaplumas abril 2016O Club Bádminton Rachaplumas logrou un ouro, unha prata e catro bronces no Campionato Galego sub-13 e sub-17 de bádminton, celebrado en As Neves a pasada fin de semana. O ouro lográbano a parella  mixta sub-13, formada por Uxía Fernández e Hugo Domínguez, a prata foi para a parella de dobres masculina sub-13, formada por Javier Alava e Boris Bunimov.

E os bronces foron, en individual para Javier Alava, en sub-13, e  Ana Belén Salgueiro, en sub-17. E na modalidade de dobres feminino sub-17, Ana Belén Salgueiro/Carla Vázquez e Antía Fernández/Rebeca Gómez.

Parabéns de Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, polo resultado dous deportistas do club vigués, adherido ao programa Siareiros base da Fundación Vigo en Deporte.