Cabecera Vide

Uxia Fernández e Javier Álava bronce no Master Nacional sub-13 de Gijón

rachaplumasA pasada fin de semana, 5 e 6 de decembro de 2015, catro xogadores do CB Rachaplumas participaron no Master Nacional sub-13 e sub-17 de Gijón. Os xogadores vigueses que se desprazaron foron:

Categoría sub-13: Uxía Fernández e Javier Álava
Categoría sub-17: Antía Fernández e Omar Vila.

Boa competición a realizada polos xogadores vigueses que conseguiron unha medalla de bronce na modalidade de dobres mixtos sub-13 coa parella formada por Uxía Fernández e Javier Álava. Estes xogadores lograban o triunfo ante a parella do club Cantabria 2004 Mariña Pérez/Diego Ruano por 21-13 e 21-7 para logo perder contra os asturianos Sonia Martínez/Hugo Pintos do CB Oviedo 21-17 e 21-9.
No cadro de semifinais perderon ante os navarros do CB Estella Amaia Torralba/Ander Cubillas por 21-12 e 21-18.

Outro dos xogadores vigueses destacados foi Omar Vila no cadro de individual masculino sub-17. Omar derrotou na fase logo de na Juan López de CB Oviedo por 21-16, 21-12 e a Raúl González del Club Olimpia Torrelavega por 21-19, 16-21 e 21-19.

No cadro principal derrotou en 1/8 de final a Sergio Otermin do CB Bilbobad por 21-10 e 21-12. Logo perdeu en ¼ de final ante Andrés Martin do CB Bianconero de Madrid por 21-12 e 21-15. Hai que resaltar o resultado deste mozo vigués de 13 anos que xogaba na categoría sub-17.
En individual sub-13, Uxía e Javi non pasaron de previas o mesmo que Antía e Omar en dobres mixtos sub-17.

Dous xogadores do CB Rachaplumas tomaron parte no circuíto galego absoluto de A Estrada

O pasado sábado 5 de decembro de 2015, dous xogadores do CB Rachaplumas participaron no Circuíto Galego Absoluto de A Estrada.
Os xogadores vigueses desprazados foron Sara Cabaleiro e Adrián Comesaña que obtiveron discretos resultados.