MEDALLISTAS SUB 11O pasado domingo 15 de novembro arrancou a 3ª edición do Circuíto Babolat-Deportes Carlos Miguel de Bádminton coa 1ª proba o Trofeo Escola Rosalía de Castro con máis de 150 deportistas representando a un total de 15 entidades.

Este circuíto vai constar dun total de 11 probas repartidas en 6 individuais e 5 dobres que se van celebrar entre novembro de 2015 e xuño de 2016. As once probas van xogar en Tui, Salceda de Caselas, Ponteareas, Pontevedra, Cangas e Vigo.

Estas probas están organizadas polo CB Rachaplumas como organizador principal xunto ao CB Los Sauces, CB Ponteareas, CB Tui e EDM de Salceda. Ademais o Circuíto conta coa colaboración de Babolat, Deportes Carlos Miguel, Escola Rosalía de Castro, Concello de Ponteareas, Concello de Salceda de Caselas, Concello de Tui, Colexio Los Sauces, Trafema SL e Norfrio.

Tomaron parte nestas probas do Circuíto as seguintes entidades: CB Los Sauces de Pontevedra, CB Cangas e Colexio Compañía de María de Cangas, Colexio Ángel de la Guarda e Colexio Estudio de Nigrán, CB Tui, EDM Salceda de Caselas, CB Ponteareas e as entidades de Vigo Escola Rosalía de Castro, as escolas deportivas de Manuel Antonio, Pista Vermella e Etea, o Colexio Don Bosco, o CB Cies e o CB Rachaplumas.

O Pavillón da Escola Rosalía de Castro foi o escenario das dúas proba primeiras probas de 9 a 22 horas do domingo 15 a celebro a 1ª e de 10 a 15 horas do domingo 22 de novembro xogou a segunda proba xogaron uns cincocentos partidos repartidos nas 2 xornadas.

Na primeira xornada de individual estes foron os gañadores:

Categoría sub-11
Nivel A: Sergio Abalde do CB Rachaplumas
Nivel B: Iker Rodríguez do CB Ponteareas
que derrotou a Claudia de Sas do Colexio Estudio

Categoría sub-13
Nivel A: Javier Alava do CB Rachaplumas
Nivel B: Héctor Rodríguez das Escolas de Rosalía de Castro
Nivel C: José Vaqueiro do EDM Salceda

Categoría sub-17
Nivel A: David Torres do CB Rachaplumas
Nivel B: Andrea Piñeiro do CB Tui

Categoría Absoluta:
Nivel A: Javier González do CB Rachaplumas
Nivel B: Rafael Domínguez do CB Cangas