20150419 rachaplumasO pasado sábado, no Pavillón Municipal Alvaro Pino de Ponteareas, tivo lugar o Trofeo Concello de Ponteareas de Bádminton, 8ª proba do Circuíto Babolat organizado polo CB Ponteareas, o Concello de Ponteareas e o Cb Rachaplumas. Novo éxito nesta proba con máis de 200 deportistas representando a un total de 16 entidades do sur da provincia.

O CB Rachaplumas foi o dominador ao alzarse cun total de 9 medalllas das que 5 foron de ouro e o CB Ponteareas logrou dous ouros, ao podium tamén subiron EDM de Vigo con 6 medallas, CB Los Sauces con 4, CEIP Nº 1 de Tui con 2, CB Cies de Vigo con 4, EDM Salceda e Colexio Compañía de María de Cangas con 3, ADA Salvataerrra con 2, IES de Teis e Colexio Don Bosco de Vigo con 1, CEP Pedro Caselles de Tomiño con 2 e Colexio Monterrey de Vigo con 1. A maioría das entidades participantes subiron o podium con algún representante.

Estes foron os gañadores:
Sub-11 A: 1. - Uxía Fernéndez (CB Rachaplumas) e 2. - Sofía Álvarez (EDM Salceda)
Sub-11 B: 1. - Nicolá Álvarez (CEIP Nº 1 Tui) e 2. - Iván Cora (EDM Vigo)
Sub-11 C: 1. - Lucia Ogando (EDM Vigo) e 2. - Marcos González (Colexio Don Bosco)

Sub-13 A: 1. - Boris Bunimov (CB Los Sauces) e 2. - Javier Alava (CB Rachaplumas)
Sub-13 B: 1. - Anxo Carballo (CB Ponteareas) e 2. - Marcos González (CEIP Nº1 Tui)

Sub-17 A: 1. - David Torres (CB Rachaplumas) e 2. - Alberto Ramos (CB Los Sauces)
Sub-17 B: 1. - Rebeca Gómez (CB Rachaplumas) e 2. - Marcos Refojos (Compañía de María)
Sub-17 C: 1. - Aldara Mariño (CB Ponteareas) e 2. - Andrés Tobió (ADA Salvaterra)

Absoluto A: 1. - Brais Vila (CB Rachaplumas) e 2. - Manuel Pérez (CB Cies)
Absoluta B: 1. - Eloy Dapena (CB Rachaplumas) e 2. - Jorge García (IES de Teis)

A competición resultou un rotundo éxito con máis de 400 partidos entre as 9 e as 22 horas e moita igualdade. A próxima proba será en maio en Vigo.