20150305 rachaplumasO Club Bádminton Rachaplumas logrou seis medallas no Campionato Galego sub-13 e sub-17, celebrado a pasada fin de semana en As Neves. Omar Vila alzouse co campionato en sub-13. O resto dos metais foron para Javier Álava, Uxía Fernández, Almudena Vidal, Rebeca Gómez Antía Fernández, Alberto Méndez, David Torres, Carla Vázquez e Mauro Fernández.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao club vigués polos seus éxitos conseguidos e ou traballo realizado a favor do deporte local.