Cabecera Vide

O Rachaplumas roza a medalla no Nacional Sub 13 en Palma de Mallorca

rachaplumas_junioEsta fin de semana celebrouse en Palma de Mallorca el Campeonato de España sub-13 de Bádminton con representación viguesa. O Club Bádminton Rachaplumas desprazou a Palma a 4 xogadores, Ana Belén Salgueiro, Jacobo Fernández, Gabriel Fernández e Omar Vila. Bo papel dos xogadores vigueses que quedaron a un paso das medallas.

O mellor resultado lográrono no dobres masculinos onde a parella formada por Omar Vila e Gabriel Fernández a punto estiveron de colarse nas semifinais e obter a medalla de bronce. En primeira rolda dobregaron os asturianos Menéndez-Pinto, en oitavos aos xogadores do CB Palma López/Martín e en ¼ de final perderon cos locais do CB Cide Triay/Turmó por 21-15, 19-21 e 14-21.

Omar Vila realizou un moi bo campionato en individual e a punto estivo de meterse na loita polas medallas, na fase previa derrotou a Manuel Sánchez do CB Cide, Lorenzo Adell do CB Manises de Valencia e ao madrileño Miguel Ángel Gil. No cadro principal perdeu en oitavos de final ante o xogador local do CB Cide Hailan Garau por 17-21, 24-22 e 21-7 gozando de 5 puntos de partido que desaproveito e a próstrea resultaron definitivos.

A oitavos de final tamén chego no cadro feminino Ana Belén Salgueiro perdendo nesa rolda coa xogadora galega do Cb A Estrada Paula Darriba. Jacobo e Gabriel perderon na fase previa.