O Rachaplumas logra dous platas e 5 bronces no Campionato Galego sub-13 e sub-19 de bádminton

Imprimir

rachaplumas_8.3.14A pasada fin de semana, na pista Vermella do IMD das Travesas, celebrouse o XXXVI Campionato Galego sub-13 e sub-19 de bádminton organizado polo CB Rachaplumas. Un total de 70 xogadores representando os clubs galegos: Club do Mar de San Amaro de A Coruña, Club Athlos de Ourense, CB Li-Ning A Estrada, CB Los Sauces de Pontevedra, CB As Neves e o anfitrión, o CB Rachaplumas, tomaron parte na proba disputando un total de 150 partidos.

A organización resultou perfecta por parte do club anfitrión e os resultados non se poden considerar malos, xa que se lograron dous platas e cinco bronces.

As platas foron alcanzadas por Ana Belén Salgueiro, en individual feminino sub-13, Ana xunto a Jacobo Fernández en dobres mixtos sub-13.

Pola súa parte os bronces correron a cargo de Gabriel Fernández, en individual masculino sub-13, Gabriel e Omar Vila, en dobres masculino sub-13, Paula Louzao e Brais Vila, en dobres mixtos sub-19, e no dobres masculino sub 19 a cargo de Sergio Lobato xunto a David Torrres e Jorge García xunto a Miguel Silva.

O CB Rachaplumas participou nesta competición cun total de 18 xogadores:

Categoría sub-13: Uxía Fernández, Antia Fernández, Ana Belén Salgueiro, Javier Alava, Rafael Fernández, Omar Vila, Jacobo Fernández e Gabriel Fernández.
Categoría sub-19: Laura Debén, Rebeca Gómez, Paula Louzao, David Costa, Sergio Lobato, Pedro Castelao, David Torres, Miguel Silva, Jorge García e Brais Vila.

O próximo sábado 15 de marzo, o club organizará a Copa Diputación de Pontevedra de dobres, e o 22 e 23 de marzo participará no Torneo Internacional de Bádminton Cidade de Espinho en Portugal.