Cabecera Vide

Vigo acolle o Campionato Galego sub-13 e sub-19 de bádminton, organizado polo CB Rachaplumas

rachaplumas_febreiroEste sábado, Vigo vai ser sede do XXXVI Campionato Galego sub-13 e sub-17 de Bádminton organizado polo Club Bádminton Rachaplumas, a Concellería de Deportes do Concello de Vigo e a Federación Galega de Bádminton. A proba vaise disputar no IMD das Travesas en horario de 10:00 h a 20:00 h, coa disputa dun total de 140 partidos e que conta coa participación 70 xogadores representados aos clubs  galegos:

Club do Mar de San Amaro da Coruña, Club Athlos de Ourense, CB Li-Ning A Estrada, Club Bádminton Los Sauces de Pontevedra, Club Bádminton As Neves e o anfitrión, o Club Bádminton Rachaplumas de Vigo.

A competición vaise disputar en 5 modalidades: individual masculino, individual feminino, dobres masculino, dobres feminino e dobres mixtos.

O club anfitrión, parte con moitas opcións de subir ao podium, mesmo ao máis alto, sobre todo na categoría sub-13. En sub-13 hai opcións en todas as modalidades e os xogadores referentes son: Jacobo Fernández, Gabriel Fernández, Omar Vila e Ana Belén Salgueiro. Na categoría sub-19 preséntase máis complicado e Brais Vila é o máximo expoñente do club nesta categoría.

Nesta competición tomarán parte un total de 18 xogadores do club repartidos:

-Categoría sub-13:  Uxía Fernández, Antía Fernández, Ana Belén Salgueiro, Gabriel Fernández, Jacobo Fernández, Rafael Fernández, Omar Vila e Javier Alava.

-Categoría sub-19: Laura Deben, Paula Louzao, Rebeca Gómez, Pedro Castelao, David Costa, David Torres, Sergio Lobato, Jorge García, Miguel Silva e Brais Vila.