Éxito do Rachaplumas no Circuíto Galego Sub-11

Imprimir

RachaplumasO Club Bádminton Rachaplumas participou a pasada fin de semana no Circuíto Galego sub-11, proba puntuable para o ranking nacional, celebrado en As Neves, logrando dous oros. Os xogadores vigueses que tomaron parte na proba foron Jacobo Fernández e Javier Alava. Éxito para os vigueses que lograron o ouro en dobres, derrotando na final a a parella Lucía Rodríguez/Natalia Murio do CB As Neves/CB A Estrada por 15-7 e 15-1. Aos terceiros, Hugo López/Javier Pereira do CB A Estrada, derrotáronos por 15-10 e 15-3.

Os vigueses mostráronse intratables e lograron catro vitorias sen perder ningún set. Con esta nova vitoria afiánzanse no máis alto do ranking nacional en dobres sub-11 ocupando o primeiro posto.

En individual, Jacobo cumpriu con todos os prognósticos e alzouse co título derrotando na final a Javier Pereira do CB A Estrada por 15-5 e 15-12. Antes, en semifinais gañara ao xogador do CB Los Sauces, Boris Bunimov, por 15-10 e 15-4. Jacobo, na fase previa derrotou por dous sets  a cero a Rodrigo Sanjurjo, do CB A Estrada, e a Basilio Porto, do CB As Neves. Con este título Jacobo mantense de nº 1 do ranking nacional en individual masculino sub-11 unha semana máis. Javier, non puido emular o seu compañeiro en individual e perdeu en ¼ de final ante Boris Bunimov do CB Los Sauces por 13-15, 15-6 e 13-15.

O próximo sábado, 8 de febreiro de 2014, Vigo vai ser sede do Campionato Galego sub-13 e sub-19, que organiza o Club Bádminton Rachaplumas, conxuntamente coa Concellería de Deportes do Concello de Vigo. Nesta proba o club anfitrión espera obter novos éxitos e subir ao máis alto do podio.