rachaplumasO domingo o Pavillón da Universidade Laboral de Ourense acolleu a segunda proba do Circuíto Galego sub-13 e sub-17 de Bádminton organizada polo Club Athlos, a Universidade Laboral e a Federación Galega de Bádminton con participación de 11 xogadores do Club Bádminton Rachaplumas de Vigo.

A representación viguesa estivo composta por:
Categoría sub-13: Eva Murio, Lucia Coello, Carla Mouriño, Ainoa Rial, Laura Valverde e Alejandro Rivadulla
Categoría sub-17: Natalia Mosquera, Ana Taboado, Arantza Gómez, Brais Vila e Carlos Magán.
De bo papel pódese considerar a actuación de xogadores vigueses nesta segunda proba do Circuíto Galego sub-13 e sub-17 ao lograr un título en dobres feminino sub-13 con Carla Mouriño e Laura Valverde e tres subcampionatos na mesma categoría a cargo de Carla Mouriño en individual feminino que perdeu a final ante Maria Alonso á que derrotara na fase previa, Ainoa Rial e Alejandro Rivadulla en dobres mixtos nun axustado terceiro set ante a parella anfitriona e Eva Murio formando parella con Maria Alonso do CB Ás Neves en dobres feminino.
A iso hai que engadir os terceiros postos de Eva Murio en individual feminino sub-13 e Ana Taboado/Arantza Gómez en dobres feminino sub-17.

A próxima proba o 19 de decembro de 2009 en A Coruña.