Cabecera Vide

Éxito dos sub 13 do Rachaplumas en Gijón

rachaplumas_gijonJacobo Fernández, Gabriel Fernández, Omar Vila e Ana Belén Salgueiro, do Club Bádminton Rachaplumas participaron a pasada fin de semana no Internacional de España sub 13 celebrado en Gijón. Bo papel dos xogadores vigueses. Ana Belén Salgueiro e Jacobo Fernández foron os destacados ao lograr a medalla de bronce no dobres mixtos.

Jacobo e Ana que fixeron un bo torneo sucumbiron en semifinais cos campións a sa Lara Villacorta e Mikel Aranzabal (Aldapeta/Santander) por 21-8 e 21-16 poñendo en apuras á parella campioa sobre todo no segundo set. Jacobo e Ana dobregaron para chegar á semifinal a Irache Casado/Raúl Martínez de Estella (Navarra) por 20-22, 21-15 e 21-19, en previas a Ainara Landa/Rubén Boza de Estella por 21-11 e 21-10, e a Ana Marques/Pedro José Menéndez Portugal/Oviedo por 21-16 e 21-14.

Ana Belén Salgueiro tamén realizou un bo papel no individual feminino que a punto estivo de lograr a medalla de bronce, perdendo en ¼ de final nun emocionante encontro coa xogadora toledana Inés Piñas do CB Drop Toledo por 23-21. 12-21 y 22-20. Ana gañou na fase previa a Irache Casado de Estella por 21-7 e 21-5, cabeza de serie nº 4, e a Lucía Folcra, do CB Regueiro Tejada de Madrid, por 21-8 e 21-18.

En dobres masculinos, a parella formada por Omar Vila e Gabriel Fernández tamén realizaron un bo papel ao alcanzar os ¼ de final, onde perderon coa parella madrileña formada por Tomás Toledano/Ernesto Baschwitz do CB Paracuellos a próstrea os campións por 21-6 e 21-4. Na fase previa derrotaron a Adrián Álvarez/Roan Gerardo Vinueza, do CB Astures por 21-3 e 21-11, e a Alejandro Concheso/Yago Rivas do CB Oviedo, por 21-8 e 21-12, e perderon coa parella portuguesa formada por Antonio Neves/Joao Chang, por 21-13 e 21-15.

En individual masculino os vigueses representantes non alcanzaron en cadro principal.

A próxima fin de semana toca Liga Galega de Clubs en Ás Neves onde o equipo masculino absoluto defende liderado en segunda división.