Gabriel Fernández e Omar Vila do Rachaplumas logran o dobres masculino sub-13 na primeira proba do Circuíto Galego de bádminton

Imprimir

xxO pasado domingo celebrouse en A Estrada a primeira proba do Circuíto Galego sub-12 e sub-17 de bádminton con participación viguesa.  O Club Bádminton Rachaplumas desprazou a cinco xogadores, catro sub-13, Jacobo Fernández, Javier Alava, Gabriel Fernández e Omar Vila e unha sub-17, Rebeca Gómez.

Bo papel sobre todo na categoría sub-13 onde Gabriel Fernández e Omar Vila seguen en sorte a pesar de cambiar de categoría.

Os xogadores vigueses que foron de menos a máis dobregaron en semifinais a Antonio Iglesias e Samuel Varela do Club Athlos de Ourense por 21-19 e 21-7 e na final desquitáronse da derrota na fase previa e gañaron a Martín Abarbado (Club Athlos) e Sergio García (CB As Neves) por 21-16 e 21-18 proclamándose campións. En dobres bo papel da outra parella viguesa formada por Jacobo Fernández e Javier Alava, que alcanzaron as semifinais perdendo con Martín e Sergio por 21-13 e 21-9.

En individual masculino, o club realizou un bo papel a pesar de non subir ao podio. Gabriel caeu en ¼ de final ante Martín Abarbado, por un axustado 21-18 e 21-19, e Omar tamén en ¼ de final ante Sergio García por 21-17 e 24-22. Jacobo, que tamén alcanzou o cadro principal, perdeu en 1/8 de final ante Samuel Varela do Club Athlos de Ourense por 21-10 e 21-14.

En sub-17 Rebeca Gómez non pasou das previas.

Esta competición serviu de preparación para o internacional e Master Nacional sub-13 de Gijón no que van participar Ana Belén Salgueiro, Omar Vila, Jacobo Fernández e Gabriel Fernández o 7 e 8 de decembro. Nesta proba están os mellores xogadores nacionais e xogadores de Portugal o que augura un bo nivel e unha boa proba de cara a ver o nivel vai os xogadores vigueses de cara ao Campionato de España. Os xogadores do Rachaplumas van con opcións de subir ao podio a pesar de ser unha competición de formación.