O VII trofeo concello de vigo de bádminton pecha a tempada de competicións en Vigo

Imprimir

Este sábado, na Pista Vermella do IMD das Travasas de Vigo, pecha a tempada de bádminton en Vigo co VII Trofeo Concello de Vigo - IV Memorial Luis Mirou de bádminton con 180 participantes e a disputa de 340 partidos. A proba esta organizada polo Club Bádminton Rachaplumas.

Na competición tomarán parte 180 participantes. Un total de 340 partidos disputásense ao longo da xornada que dará comezo ás 09:30 h. para finalizar arredor das 20:30 h.

Esta competición serve como remate das competicións en Vigo e tamén como homenaxe aos novos campións de España sub-11, Gabriel Fernández e Omar Vila que estreasen o seu título nesta proba como colofón á gran tempada que esta realizando o club que espera mellorar coas participacións nos dous próximos campionatos de España, o sub-17 en A Estrada (Galicia) e o sub-13 en Tres Cantos (Madrid).