374cb rachaplumasfebreiro2011O domingo 27 de febreiro de 2011 celebrouse no Pavillón do Club do Mar de San Amaro de A Coruña o Campionato Galego sub-13 e sub-19 de bádminton coa participación dun total de 10 xogadores do CB Rachaplumas.

Os xogadores desprazados ao devandito evento foron:

Categoría sub-13: Ana Belén Salgueiro, Eva Murio, David Torres e Alberto Méndez.
Categoría sub-19: Natalia Mosquera, Carla Mouriño, Laura Valverde, Brais Vila, José Manuel Castro e Alejandro Rivadulla.

Eva Murio foi unha das grandes triunfadoras do Campionato ao lograr colgarse dous oros no Campionato Galego sub-13. Os éxitos foron na modalidade de individual feminino onde logrou o título ao derrotar na final a Clara Forte do CB Los Sauces por 21-10 e 21-1 e en dobres mixtos formando parella co xogador ourensano do Club Athlos, Miguel Abarbado que derrotaron na final á parella coruñesa do Club do Mar María Castro/José Manuel Gómez por 21-11 e 21-12.

Outro bo resultado conseguiuno David Torres en individual masculino sub-13, que perdeu en ¼ de final ante o coruñés Juan Manuel Gómez.

Na categoría sub-19, os xogadores vigueses non logran alcanzar os cadros principais. Esta categoría era máis ben preparatoria, xa que case todos eran sub-15, para o próximo Campionato Galego sub-15 que se celebrase en Vigo o 12 de marzo de 2011.