Eva Murio e Miguel Barbado subcampions en dobres mixtos na 10ª proba do circuíto nacional sub-13 de bádminton

Imprimir

374circuito nac sub13-mocejon 023O 5 e 6 de febreiro de 2011 celebrouse en Mocejón (Toledo) a 10ª proba do Circuíto Nacional sub-13 de Mocejón con participación galega. Dous xogadores galegos, Eva Murio do CB Rachaplumas de Vigo e Miguel Barbado do Club Polideportivo Athlos de Ourense foron a representación galega nesta proba.

Excelente papel de Eva Murio e Miguel Barbado en dobres mixtos a lograr o subcampionato e perder unicamente na final ante a parella local formada por Sara Peñalver/Antonio Bacete do CB Drop-Toledo por 19-21 e 13-21.

No cadro individual Eva logrou alcanzar os ¼ de final e perdeu nun axustado partido ante a andaluza Mª Loli Mercado mentres Miguel non logrou superar as previas.

Estes foron os resultados de ambos os dous durante a fin de semana:

Eva en individual feminino:
-Previas contra Alicia Ruiz (Gredos San Diego - Madrid) Eva gaño por 21-18 e 21-10
-Previas contra Puy Iriberri (CB Estella - Navarra) Eva gaño por 21-15 e 21-3
-1/8 de final contra María Martínez (Aldapeta-País Vasco) Eva gaño por 21-13 e 21-15
-¼ de final contra Mª Loli Mercado (CB Arjonilla) Eva perdeu por 16-21, 21-12 e 21-17

Miguel en individual masculino:
-Previas contra José Molares (CB Regueiro Tejada - Madrid) Miguel perdeu por 22-20, 14-21 e 21-23
-Previas contra Aitor Aizugaray (CB Aldapeta - Pais Vasco) Miguel perdeu por 20-22 e 16-21

Eva e Miguel en dobres mixtos:
-1/8 de final Eva e Miguel gañaron a Claudia Leal/Alvaro Leal (CB Drop Toledo - Castilla La Mancha) por 21-9 e 21-5
-¼, de final Eva e Miguel gañaron a Nuria Moreno/Marcos Bellver (Bellatera/Platja D ´ Aro-Cataluña) por 21-14 e 21-17
-½ final Eva e Miguel gañaron a Piar Carmona/Sergi Ruiz (CB Almería-Andalucía) por 21-10 e 21-14
-Na final Eva e Miguel perderon ante Sara Peñalver/Antonio Bacete (Drop Toledo-Castilla a Mancha) por 19-21 e 13-21.