Dous xogadores galegos toman parte no 10ª proba do circuíto nacional sub-13 que se celebra en Toledo

Imprimir

O 5 e 6 de febreiro de 2011 celébrase en Mocejón (Toledo) a 10ª proba do Circuíto Nacional sub-13 con participación galega. Dous xogadores galegos, Eva Murio do CB Rachaplumas de Vigo e Miguel Abarbado do Club Polideportivo Athlos de Ourense serán a representación galega nesta proba.

Os xogadores galegos esperan subir o podium xa que parten como cabezas de serie nos seus respectivos cadros.

A competición dará comezo o sábado ás 09:00 h. para disputarse toda a xornada ata a 22:00 h e o domingo coas semifinais e finais de 10:00 a 14 horas.

Estes son os partidos na xornada do sábado:

Eva Murio:
Ás 12:45 h. individual contra Alicia Ruiz (CB Gredos San Diego - Madrid)
Ás 15:40 h. individual contra Puy Iriberri (CB Estella - Navarra)
Ás 18:10 h. individual 1/8 de final se se clasifica da fase previa
Miguel Abarbado:
Ás 12:45 h. individual contra José Molares (CB Regueiro Tejada - Madrid)
Ás 15:40 h. individual contra Aitor Aizugaray (CB Aldapeta - Pais Vasco)
Ás 17:45 h. individual 1/8 de final se se clasifica da fase previa
Dobres mixtos:
Ás 19:00 h. 1 // 8 de final Eva e Miguel contra Claudia Leal/Alvaro Leal (CB Drop Toledo - Castilla La Mancha)