CB Rachaplumas de Vigo logrou un título, dous subcampionatos e un terceiro posto no Torneo Internacional do natal de bádminton en Portugal

Imprimir

375cb rachaplumasO CB Rachaplumas de Vigo desprazou a pasada fin de semana a dez deportistas para participar no Torneo Internacional do Natal de bádminton para as categorías sub-13, sub-15 e absoluta que se celebrou na localidade portuguesa de Povoa do Paço-Aveiro o 18 e 19 de decembro.

Os xogadores que o club desprazo a Portugal foron:

Sub-13: Ana Belén Salgueiro e Eva Murio.
Sub-15: Miguel Silva, Brais Vila, Alejandro Rivadulla, Laura Valverde, Ainoa Rial, Lucia Coello e Carla Mouriño.
Absoluto: José Manuel Castro.

Bo papel dos xogadores vigueses que conseguiron un total de catro medallas. O ouro foi para Eva Murio na categoría sub-13 individual feminino onde contou a súa participación con catro vitorias. Na final derrotou a xogadora portuguesa Helena Figueiredo de Coimbra por 21-5 e 21-3.

Dous platas foron para Eva Murio en dobres mixtos formando parella co xogador portugués Miguel Carvalho de Aveiro perderon na final ante Helena Filgueira/Marco Jorge de Coimbra por 21-15 e 21-15.

A outra prata conseguiuna Brais Vila en individual masculino sub-15 a perder na final ante o xogador Angelo Silva de Espinho por 21-7 e 21-4. o xogador vigués non brillou na final a pesar de chegar a este encontro despois de 6 vitorias.

O bronce foi para a Ana Salgueiro que debutaba na súa primeira saída e alcanzaba un meritorio bronce en dobres mixtos sub-15 formando parella co xogador portugués Hugo Jorge de Coimbra. A colleita viguesa puídose aumentar se Carla Mouriño non se lesionase no primeiro encontro de dobres mixtos que ao aparto do individual e mixtos onde ben podía lograr outro metal.

Destacar tamén os cuartos de final alcanzados na categoría sub-15 por Alejandro Rivadulla en individual masculino, Laura Valverde e Lucia Coello en individual feminino e Ainoa Rial/Alejandro Rivadulla en dobres mixtos.