Éxito do CB Rachaplumas no circuíto galego sub-15/sub-19 de As Neves

Imprimir

rachaplumas12.12.10O sábado o CB Rachaplumas tomou parte na 3ª proba do Circuíto Galego sub-15/sub-19 dás Neves con 11 xogadores.

De éxito pódese catalogar a súa participación nesta proba sendo en segundo mellor club ao obter un total de 7 metais (2 oros, 3 platas e 2 bronces) só superado polo club anfitrión o CB Ás Neves que logro 8 metais (4 oros, 3 platas e 1 bronce).

Brais Vila foi o xogador máis destacado do club vigués ao lograr dous oros en individual masculino e dobres mixtos, tamén lograron dous metais Carla Mouriño (un ouro e un bronce) e Alejandro Rivadulla con dous platas.

Os podiums vigueses foron:

Individual masculino sub-15: Brais Vila ouro e Alejandro Rivadulla prata.
Individual feminino sub-15: Carla Mouriño bronce
Dobres feminino sub-15: Eva Murio e Ainoa Rial bronce
Dobres mixtos sub-15: Carla Mouriño e Brais Vila ouro e Laura Valverde e Alejandro Rivadulla prata.
Dobres feminino sub-19: Iria Puga e Natalia Mosquera prata.

O CB Rachaplumas tomo parte nesta proba cun total de 11 xogadores:

Sub-15: Lucia Coello, Sheila Tombo, Ainoa Rial, Laura Valverde, Eva Murio, Carla Mouriño, Alejandro Rivadulla e Brais Vila.
Sub-19: Iria Puga, Natalia Mosquera e José Manuel Castro.