O CB Rachaplumas estréase organizando o sábado a 2ª proba do circuíto galego sub-13 e sub-17

Imprimir

cartelbadmintonO sábado 20 de novembro de 2010 vai ser un día especial para o Club Bádminton Rachaplumas xa que se estrea coa organización dunha proba oficial do calendario galego de Bádminton. Concretamente será a 2ª proba do Circuíto Galego sub-13 e sub-17 -I Trofeo Club bádminton Rachaplumas.

Proba de lume para o club que aloxa unha competición galega con máxima participación xa que van estar presentes 100 xogadores que representan aos clubs galegos Club do Mar de San Amaro de A Coruña, Independente RSL BC e Club Athlos de Ourense, CB Thebes&Reale A Estrada, CB Los Sauces de Pontevedra, CB As Neves e o CB Rachaplumas de Vigo que van disputar máis de 200 partidos nunha xornada intensa de Bádminton que dará comezo ás 10 da mañá para finalizar entorno ás 21:00 horas coa entrega de medallas a cargo de diferentes autoridades.

Se para o club vai ser un reto organizativo, tamén vai ser moi motivante para os seus xogadores que disputan ante a súa afección a súa primeira competición con moitas opcións de subir ao podium e ao máis alto. Un total de 17 xogadores do club tomasen parte nesta competición. Na categoría sub-13 a máxima favorita e a xogadora do club con máis opcións a levar o título é Eva Murio que parte como cabeza de serie nº 1 despois do seu brillante triunfo en Vegadeo (Asturias) a ela acompañasen nesta categoría Ana Salgueiro, Alvaro Valverde, Gabriel Fernández, Omar Vila, Alberto Méndez e David Torres.

En categoría sub-17 o club participa con xogadores sub-15 maioritariamente pero hai un grupo de xogadores que teñen moitas opcións a subirse ao caixón entre eles destacan: Carla Mouriño, Laura Valverde e Ainoa Rial en rapazas e Alejandro Rivadulla e Brais Vila en rapaces á parte deles tamén participan Iria Puga, Lucia Coello, Sheila Tombo, Jorge Arizaca e Pablo Vilas.

Os afeccionados que desexen achegarse á Pista Vermella do IMD de As Travesas poderán gozar de bo bádminton xa que estarán presentes varios campións de España a pesar da ausencia dun ramallete de xogadores convocados pola selección nacional sub-17. A entrada é gratuíta e animamos a todos os vigueses a gozar desta modalidade deportiva introducida en España a través de Vigo.